miércoles, 19 de febrero de 2014

"ALOUMIÑANDO O PASADO"



Aunque no publique en mi blog, no por eso me olvido de todos aquellos que por una u otra razón, os asomáis cada vez menos, eso si, a esta ventanita.

Hoy quiero mandar un abrazo virtual para los que estáis en cada esquina de cada continente donde llega Internet, desde el corazón de Madrid se os quiere, besos y que disfrutéis con mi último trabajo para las clases de galego "Celga 4", curso en el que estoy matriculada este año y en el que creo que progreso adecuadamente.

La vida es un continuo aprendizaje y espero que os guste y disfrutéis tanto con su lectura como yo al escribirlo, es un cuento corto que lleva por titulo:


"TIRANDO O PASADO"

Mesturas de sentimentos penetraron no seu peito avivando unhas brasas esmorecidas polo paso do tempo, pero ela achegoulles un feixe de guizos e o lume prendeu para darlle calor durante o inverno.
Ela non tiña mobles, nin maleta nin baúl, non tiña mantas nin bolsos, por non ter non tiña nin ilusión.

Non tiña trencha nin gubia, só tiña un  pequeno coitelo e moita imaxinación, fixo un carro de xuncos e fentos, as rodas do carro eran dúas talladas de nabo, algúns  carabullos, unha pouca herba, unhas follas secas, os zocos facéndolle sangue nos pés, aínda así, ela camiñou para diante.

Atrás quedaban os teitos, os porcos, as vacas, as ovellas e o cabalo, a roupa dos nenos,  con mendo sobre remendo que na fonte e no río ela tantas veces lavou.

Atrás quedaban as talladas de touciño que ao pote do caldo de cando en vez lle botaba, os chourizos e os xamóns, todo iso se aforraba, pois xunto cos ovos ás feiras todo se levaba para xuntar algúns cartiños e mercar un pelexo de viño ou algo de moita necesidade.

As súas bonecas de trapo perdéranse entre tanta crueldade onde tamén se perdeu ela cando casou para casa de fóra cando só tiña idade para xogar.


Ela  un día deixou atrás o mandil, a miseria e a soidade, pero na alma sempre gardou  aqueles bicos roubados no palleiro por aquel amor primeiro que tanto a namorou.

Moralexa:

Se o pasado te fire, esquéceo, tírao, ou quéimao, pero se che axuda a camiñar para diante, consérvao dentro de ti coma se fose un  tesouro.

Carmen Marcos Núñez
Xaneiro 2014

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa, Maricarmen, por este fermoso conto, con un insinuante contido histórico, que se intuye perfectamente entre liñas.
O relato ten una clara cadencia poética, e ainda que trasluce momentos de gran dureza, o final é fermoso, porque a protagonista deixa atrás a miseria, pero non tira con todo o seu pasado, e conserva no seu maxin ese amor primeiro, tal vez adolescente
Apertas
O cantinero de pelexo

Estudio Jurídico Marcos dijo...


Grazas taberneiro dos ollos fermosos, nada é o que parece ser.

Apertas.

Carmen Marcos

Anónimo dijo...

O pasado sempre forma parte da nosa vida. Mesmo cando éste é duro...renegar del, vén sendo o mesmo ca renegar de nós mesmos.
Biquiños dende Meiraos.