lunes, 31 de marzo de 2014

Celebración do Día Internacional da Muller na Casa de Galicia en Madrid


LEMBRANDO AS MULLERES DO RURAL 


Ao preparar esta notiña, viñeron amiña cabeza lembranzas incribles e fermosas  e un un volcán de sentimentos percorreu todo o meu ser.

Así botando unha ollada ao pasado lembrando a nosa terra e aquelas mulleres do rural galego, mulleres de onte e aínda de hoxe, nosas nais, as avoas, as nosas madriñas, as tias e as irmás, unas máis vellas e outras máis mozas, pobres e ricas, porén todas elas coñecedoras da arte de vivir e convivir con paixón e forza,  empuxando sempre ao carro para diante.

Compañeiras dos homes traballando día a día, e man con mán con eles, e expertas en artes e oficios do rural de Galicia.

Marisqueiras, costureiras, fiandeiras, tecedeitras, lavandeiras, parteiras e curandeiras; todas elas mestras educadoras que ademais do traballo da casa, no mar, no campo, de atender con agarimo a nenos, homes, enfermos e anciáns, en cada casa as mulleres ademais de ser gandeiras, cociñeiras e reposteiras, eran esposas, amantes, compañeiras e nais.

Transmisoras orais da lingua e da cultura galega, de costumes ancestrais, de valores relixiosos e morais.

Tarefas ven complicadas en conxunto para todas elas, as de dentro e as de fóra.
A nosa homenaxe para aquelas valentes loitadoras que tanto fixeron por nos, e un recordó moi especial para as que nos deixaron.

“Penso nas miñas avoas, porén poideran ser as de calquera de vos”.

As miñas; De unha levo a seo nome, “Carme”, a outra chamábase “Flor”, quedou viuva con 35 anos e seis fillos, era  traballadora, “fermosa por dentro e por fora”, moitos e moi bos consellos me daba, lembro que sempre me dicía:
“Nena, ti por ser muller non és máis nin és menos que un home, confía sempre en ti.

Ás mulleres da nos aterra, (Flor, Carme, Concha, Isidora, Pepa ou Maruxa), o mésmo dá o seu nome, todas, mulleres traballadoras que predicaron coa súa vida dando efectivo exemplo as novas xeracións de que: “Querer é poder”. Hoxe, desde a Casa de Galicia en Madrid a nosa gratitude por habernos querido tanto, e por habernos educado en igualdade.

Carmen Marcos Núñez

Marzo 2014