LEMBRANDO AS MULLERES DO RURAL
Ao preparar esta notiña, viñeron amiña cabeza lembranzas incribles e fermosas e un un volcán de sentimentos percorreu todo o meu ser.
Ao preparar esta notiña, viñeron amiña cabeza lembranzas incribles e fermosas e un un volcán de sentimentos percorreu todo o meu ser.
Así botando unha ollada ao pasado lembrando a nosa terra e aquelas mulleres do rural galego, mulleres de onte e aínda de hoxe, nosas nais, as avoas, as nosas madriñas, as tias e as irmás, unas máis vellas e outras máis mozas, pobres e ricas, porén todas elas coñecedoras da arte de vivir e convivir con paixón e forza, empuxando sempre ao carro para diante.
Compañeiras dos homes traballando día a día, e man con mán con eles, e expertas en artes e oficios do rural de Galicia.
Marisqueiras, costureiras, fiandeiras, tecedeitras, lavandeiras, parteiras e curandeiras; todas elas mestras educadoras que ademais do traballo da casa, no mar, no campo, de atender con agarimo a nenos, homes, enfermos e anciáns, en cada casa as mulleres ademais de ser gandeiras, cociñeiras e reposteiras, eran esposas, amantes, compañeiras e nais.
Transmisoras orais da lingua e da cultura galega, de costumes ancestrais, de valores relixiosos e morais.
Tarefas ven complicadas en conxunto para todas elas, as de dentro e as de fóra.
A nosa homenaxe para aquelas valentes loitadoras que tanto fixeron por nos, e un recordó moi especial para as que nos deixaron.
“Penso nas miñas avoas, porén poideran ser as de calquera de vos”.
As miñas; De unha levo a seo nome, “Carme”, a outra chamábase “Flor”, quedou viuva con 35 anos e seis fillos, era traballadora, “fermosa por dentro e por fora”, moitos e moi bos consellos me daba, lembro que sempre me dicía:
“Nena, ti por ser muller non és máis nin és menos que un home, confía sempre en ti.
Ás mulleres da nos aterra, (Flor, Carme, Concha, Isidora, Pepa ou Maruxa), o mésmo dá o seu nome, todas, mulleres traballadoras que predicaron coa súa vida dando efectivo exemplo as novas xeracións de que: “Querer é poder”. Hoxe, desde a Casa de Galicia en Madrid a nosa gratitude por habernos querido tanto, e por habernos educado en igualdade.
Carmen Marcos Núñez
Marzo 2014
Carmen Marcos Núñez
Marzo 2014
2 comentarios:
Qué bonito por dios.
Hacia tiempo que no entraba en esta ventanita pensando que no estabas, y que alegría volver a leerte , ya me he puesto al dia.
Eres una mujer estupenda , si no existieras tendriamos que inventarte.
Un bico moi forte desde A Coruña
Mary
Moi arriscada a vida no rural galego. Unha grande aperta dende Meiraos de Caurel.
Publicar un comentario